Cubertas todas as prazas da primeira quenda do Campus de Fútbol AFAC de Verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesLocal
A-
A+

Éxito de inscricións para a primeira quenda do Campus de Fútbol AFAC de Verán, a quenda comprendida do 1 ao 12 de xullo. En apenas unha semana cubríronse as 200 prazas das que consta esta primeira quenda, motivo polo cal se suspenden as inscricións para o resto de quendas ata o próximo 1 de xullo, data na que se volven abrir as inscricións para a segunda quenda (do 15 ao 26 de xullo), a terceira quenda (29 de xullo ao 9 de agosto), cuarta quenda (do 12 ao 23 de agosto) e quinta quenda (do 26 de agosto ao 6 de setembro). Todos os interesados en apuntarse ao resto de quendas teñen en www.afacoruna.com toda a información relativa ao Campus de Fútbol AFAC de Verán 2013.

12 de xuño de 2013 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.