Corte na cobertura de televisión en varias parroquias de Cervo
Mañá, entre as 12:00 e as 19:00 horas producirase un corte na emisión de televisión que afacetará a varios núcleos das parroquias de Cervo, Rúa, San Román e Sargadelos. Un período no que se procederá a unha instalación de novos equipos do reemisor de Monte Buio para mellorar a calidade da cobertura da TDT.











