Corte de tráfico na rúa Canteira de Arriba
Con motivo da reparación da calzada na rúa Canteira de Arriba, á altura da igrexa de San Lázaro, cortarase ao tráfico o tramo entre a igrexa e a rúa de San Lázaro durante 15 días a partir do mércores 26 de xuño.
O acceso á rúa Canteira de Arriba farase pola rúa Avelino Pousa Antelo ou pola rúas que van do campo de fútbol de San Lázaro a esta rúa que se corta, e a saída farase polo camiño que vai dende a igrexa á rúa Fernando Casas Novoa ou tamén polas rúas que van ao campo de fútbol.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











