Corte de tráfico en varias rúas de Salceda de Caselas por melloras viarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Tarefas de mellora

Tarefas de mellora

Dende a Concellaría de Tráfico e Seguridade, dirixida por Jose Luis González, se están a coordinar os traballos de asfaltado do centro da vila co Concelleiro de Vías e obras, Fortunato Álvarez. Estas obras comezarán o venres 28 de Xuño e van a rematar o martes día 2 de Xullo.

As obras que se van a realizar, van a ser exectudas nun 50% por R e Gas Natural, a través do compromiso adquirido co concello nas obras de instalación de tubería e cableado, o outro 50% será o Concello o encargado de executalas.

Para poder levalas a cabo serán necesarios realizar varios cortes nas estradas da vila, onde principalmente se verán beneficiadas polas obras de renovación de firme as rúas de Av. De Galicia dende o nº 1 ata o número 12, Joaquín Fernández Sestelo dende o nº1 ata o 13, a rúa Victoriano Pérez Vidal, dende o nº 1 ata o nº12, e toda a rúa Compostela.

Ademáis da reposición do firme nestas rúas tamén se realizará, sen necesidade de cortes de tráfico, na rúa Rosalía de Castro dende o número 22 ata o cruce de Rafael Tilve, e zonas puntuais onde o estado viario mostra máis desgaste, como a Rotonda de Altamira, a rúa Vigo á altura da praza da Devesa e o cruce da Av de Galicia coa rúa Vigo. Tamén se procederá a pintar todas aquelas zonas que están máis deterioradas, como paso de peóns, zona azul, zona de carga e descarga, etc.

As obras se levarán a cabo a partir do venres, realizando o primeiro corte ás 14:00 que durará ata as 20:00, e o luns e martes de 8:00 a 20:00 intermitentemente.

28 de xuño de 2013 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.