Convocatoria da concesión de axudas económicas para a adquisición de material escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

O Departamento de Servicios Sociais do Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar,  un ano mais, en en Xunta de Goberno as “Bases e Convocatoria específica da concesión de axudas económicas destinadas á adquisición de libros e material escolar (curso 2013-2014)”

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a lumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do noso municipio.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 ao 30 de agosto de 2013, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes e xoves de 08.00h a 14.30h

13 de xuño de 2013 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.