Continúa a primeira fase do plan de sinalización nos núcleos urbanos
O Concello da Laracha continúa desenvolvendo a primeira fase do Plan de sinalización que vén levando a cabo desde hai varias semanas nos tres cascos urbanos do municipio e tamén na parroquia de Cabovilaño.
Este proxecto dirixido a mellorar a seguridade viaria iniciouse no Igrexario da parroquia de Cabovilaño co completo repintado das marcas viarias e das prazas de estacionamento dos vehículos. A continuación realizáronse o novo marcado de pasos para peóns en numerosas vías da Laracha, Paiosaco e Caión, incluíndo as céntricas avenidas Fisterra e Bergantiños.
Durante a xornada de hoxe os operarios acometeron as mesmas labores nas rúas Rosalía de Castro, Lino Gómez Canedo e Josefa Suárez Gesto, todas elas na capital municipal e nas que durante os últimos días se viñeron realizando as labores de renovación do pavimento.
O Concello realiza un importante esforzo no desenvolvemento desta serie de actuacións coas que se persegue reforzar a seguridade viaria para peóns e condutores, así como garantir o correcto ordenamento das áreas de estacionamento e daquelas excluídas á circulación dos vehículos.











