‘Contiños para compartir’, novos talleres de igualdade e contacontos na biblioteca municipal de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

‘Contiños para compartir’. Baixo este título a biblioteca municipal de Ordes emprenderá de cara ao vindeiro mes unha ova quenda de talleres de contacontos. Con esta iniciativa ademais de divertir e incidir na adquisición do hábito á lectura tamén se pretende traballar no valor da igualdade entre nenos e nenas.

As sesións para os rapaces e rapazas de 3 a 5 anos de idade terán lugar os días 2 e 16 de xullo de 12.15 a 13.30 horas, mentres que para os que teñen de 6 a 8 anos serán no mesmo horario pero os días 4 e 18 de xullo. A mesma actividade se lle impartirá noutro horario (tamén de mañán) a os asistentes das escolas de verán organizadas polo Concello.  Todos aqueles que queiran participar nestes talleres poderán inscribirse na mesma biblioteca ou ben chamando ao teléfono 981 681992.

‘Contiños para compartir’ é un traballo conxunto entre o Fondo Social Europeo, o CIM da Mancomunidade de Ordes, a Xunta de Galicia e o Concello de Ordes.

26 de xuño de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.