Concerto final de curso do proxecto Rede Orquestral entre a Filharmónica e Lira de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

O Pazo da Cultura acolle este sábado, 29 de xuño, ás 21.00 horas o concerto final de curso do proxecto Rede Orquestal que puxeron en marcha este curso académico a Orquestra de Cámara Lira e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.

Ademais de facer unha interpretación conxunta adaptada para todos os integrantes desta “nova agrupación”, tamén se fará entrega dos diplomas a todos os rapaces da Orquestra de Cámara de Lira que acreditará as horas impartidas neste proxecto de Rede Orquestral e tamén os cinco concertos realizados durante estes meses.

O proxecto Rede Orquestral terá contiunidade no vindeiro ano educativo, xa que a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra atopou en Lira a canteira de músicos que buscaba dende hai tempo, e porque os nenos de Lira obteñen con esta colaboración unha formación adicional de grande importancia.

26 de xuño de 2013 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.