Concerto de corais en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalNigrán
A-
A+

O Salón de Actos municipal acollerá unha vez máis unha nova actuación da coral de Nigrán Novos Aires, que actuará o sábado 8 de xuño a partir das 21.00 horas xunto có Coro Centro Asturiano, de Oviedo, resultado dun intercambio cultural entre ambos colectivos.

No repertorio da coral de Nigrán figuran pezas como “Que murmuren”, de Pedro Infante, “Perlantillana”, de Rey Rivero, “Paxariños levaime”, de José A. Oliveira e “La Puerca”, de Rafael Suárez. Pola súa banda, o coro asturiano interpretará “Como la flor”, de Eduardo M. Torner, “Dime paxarin parleru”, de Ángel Embil, “Soy de Verdiciu”, de Gonzalo Casielles, “La reina del placer”, deA. Langree, “Las cuatro palomas”, de Son Cubano, “Amalia Rosa, un golpe venezolano de F.M. Viejo, “The lion sleep tonight”, música popular africana e “O voso galo comadre”, popular galega.

7 de xuño de 2013 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.