Concerto da Escola de Música
Dentro das actividades que se levan a cabo a través da Escola de Música Municipal de Cabanas, este próximo venres día 14 de xuño terá lugar o concerto de despedida do curso 2012-2013. A actividade será no Salón de Plenos do Concello de Cabanas a partir das 19:30 horas e será un concerto gratuíto e aberto a todo o público.
Neste concerto de fin de curso participarán todos os alumnos que tomaron parte nos cursos, dende os máis pequenos que asistiron ás clases de iniciación á música ata os maiores de violonchelo, piano e guitarra. Tamén actuarán o coro formado polos alumnos do curso de linguaxe musical.











