Concello de Vilagarcía e Rompetimóns ofertan no mes de xullo travesías a bordo do galeón “Illa de Cortegada”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente colabora un ano máis coa asociación Rompetimóns para ofertar aos veciños a posibilidade de coñecer a Ría e o Parque Nacional das Illas Atlánticas navegando a vela nun galeón tradicional. Para iso, durante o mes de xuño organizaranse seis travesías a bordo da embarcación recuperada polo colectivo de Carril. As excursións son de balde e os interesados poderán inscribirse a partir do mércores, 5 de xuño, no Concello.

As travesías a bordo do galeón Illa de Cortegada realizaranse os sábados 15 e 22 de xuño e o domingo 23 deste mesmo mes. Realizaranse dúas saídas cada día, unha ás once da mañá e outra ás cinco da tarde, todas dende o peirao de Carril. As singraduras terán unha duración de dúas horas.

O número de prazas limítase a 9 persoas por travesía, xa que a capacidade do galeón é reducida. As persoas que desexen participar nesta actividade deben anotarse na Concellería de Medio Ambiente, ben acudindo directamente á dependencia sita no entrechán do Concello ou a través de chamada telefónica ao número 986 099 200 extensión 224. O prazo ábrese o mércores 5 de maio e pecharase tan pronto como se cubran as prazas. O número máximo de persoas que pode anotar un mesmo solicitante é de 4.

O galeón “Illa de Cortegada” foi recuperado pola Asociación Rompetimóns, do Carril, co patrocinio da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vilagarcía xa hai una anos. Dende a botadura da embarcación tradicional, o Concello organiza cada verán travesías gratuítas no galeón cun dobre obxectivo: Por un lado o de dar a coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas, con especial atención á illa de Cortegada; e por outro o de promocionar unha parte da etnografía local ofrecendo a posibilidade de que os os vilagarciáns coñezan un tipo de embarcación tradicional moi común na Ría hai décadas e poidan ter a experiencia de navegar a vela nun deles.

2 de xuño de 2013 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.