Comezou o Curso de Monitor de Tempo Libre organizado por Xuventude e Don Bosco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de CompostelaXuventude
A-
A+

A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu á primeira xornada do Curso de Monitor de Tempo Libre que organiza a Concellería e imparte a Escola de Tempo Libre do Centro Don Bosco. Tamén visitou a actividade As mañás no Bosco, organizadas polo centro. Ata o 1 de agosto durará este Curso de Monitor de Tempo Libre, que de novo espertou o máximo interese entre os mozos e mozas de Compostela, que cubriron as 25 prazas dispoñibles. Serán 350 horas de formación: 200 teóricas e 150 prácticas. O Concello facilitará que poidan realizar estas horas prácticas en actividades municipais.

A matrícula no Curso é subvencionada nun 40% polo Concello, de xeito que os inscritos teñen que pagar só 170 euros. Rematada a formación, os participantes obterán o seu título de monitor de tempo libre.

27 de xuño de 2013 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.