Comezo do derrubamento do antigo depósito de auga da Uceira

Tarefas de derrubamento do depósito
Nesta semana comezaron os traballos de derrubamento do antigo depósito de auga do barrio da Uceira, que levaba sen usarse máis de 4 décadas e que, dun tempo a esta parte, presentaba unha deterioración na súa estrutura. Tras a comunicación ao concello por parte dos veciños dese barrio, do estado da devandita estrutura, os responsables municipais procederon a contratar a demolición do depósito a unha empresa especializada.
Tal e como sinalaba o alcalde, que este martes estivo a visitar os traballos de demolición, unha vez quede o espazo baleirou procederase a situar no mesmo un parque biosaludable, tal e como acordara cos veciños.











