Comeza o obradoiro de memoria en Xove
Rematado o Curso 2012-2013 da Escola de Maiores, continúan as actividades dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 1 de xullo de 2013 dará comezo o OBRADOIRO DE MEMORIA dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 30 persoas.
Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.











