publicidade hoxe

Coloquio do IEM en Dodro con visita ás estacións de arte rupestre de Bouza Abdín e Dos Mouchos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

O vindeiro venres 14 de xuño terá lugar no Centro Cultural Imo, no concello de Dodro (A Coruña) unha xeira nocturna pola arte rupestre da zona. A partir das 20:30 horas o arqueólogo Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos desenvolverá un coloquio sobre arte rupestre en Galicia. Posteriormente se visitarán os petróglifos de Bouza Abadín, na propia localidade de Imo (parroquia de San Xoán de Laíño), e o conxunto Dos Mouchos, con interesantes escenas de caza, situado no veciño concello de Rianxo.

12 de xuño de 2013 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.