Clausúranse as xornadas “Os xoves emprende” cunha sesión sobre internacionalización e novos mercados
Este xoves 20 de xuño, o Centro Sociocultural do Ensanche acollerá, a partir das 17:00 horas, a última xornada do programa Os xoves emprende, organizado pola Concellería de Xuventude e Junior Empresa de Santiago (JEMSA) e que comezará o 25 de abril. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participará nesta sesión final xunto co vicerreitor de Internacionalización, Víctor Millet, ás 19:00 horas. Nesta última xornada, Fernando Picón, socio director de OBZ Consulting, e Víctor Millet, vicerreitor de Internacionalización, achegarán aos participantes os métodos de internacionalización e investigación de novos mercados.
Con esta sesión conclúen as I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego Os xoves emprende, postas en marcha pola Concellería de Xuventude e JEMSA para mellorar as competencias emprendedoras e axudar a mozos e mozas con inquedanzas comúns. Tiveron lugar entre o 25 de abril e o 20 de xuño e coa súa realización pretendeuse aumentar a competitividade, fomentar a empregabilidade e o autoemprego xuvenil.
Para participar nesta quinta e última xornada é necesaria unha inscrición previa no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche ou enviando a ficha de inscrición a: dptoxunventude@santiagodecompostela.org. Esta última xornada terá lugar no Edificio Cersia.











