Clausurado o III Campus de Atletismo Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOrdes
A-
A+
Participantes no Campus de atletismo de Ordes

Participantes no Campus de atletismo de Ordes

O III Campus de Atletismo Concello de Ordes celebrou onte o seu acto de clausura, coa entrega de medallas e trofeos aos participantes. Nesta ocasión contouse coa participación de preto de 100 atletas dende a categoría infantil ata a de veteranos. Carreiras de velocidade, nas que se incluíron circuítos con e sen obstáculos, xogos multiatléticos, probas de xavelina, disco, martelo, peso, saltos de lonxitude e altura, carreiras de resistencia e de relevos, ou probas de multilanzamento, foron algunhas das modalidades que se practicaron nestes últimos tres días.

O cadro técnico para este ano está encabezado por José Domínguez, adestrador nacional de atletismo e licenciado en Educación Física, alma mater do Club de Atletismo A Silva e preparador de promesas e campións dentro do circuíto nacional e galego. Outros compoñentes serán: Sandra Don, Julio Santiago Freijanes, Ana Domínguez, Irene Mallo ou Marín Liste, recente campión nacional de lanzamento de disco.  

Entre os asistentes ao acto de clausura estaban Manuel Regos e Roberto Iglesias, alcalde de Ordes e concelleiro de Deportes do Concello de Ordes, e Sanchís, concelleiro de Deportes do Concello de Cerceda.

29 de xuño de 2013 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.