Clausura do obradoiro de emprego “I Ulla-Miño”

Participantes no obradoiro
Alumnos/as, monitores, representantes municipais dos concellos de: Antas de Ulla, Palas de Rei, Portomarín, e Taboada acompañados pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Árias, reunironse en Portomarín, nun acto de clausura da formación e actividades do Obradoiro de Emprego “I Ulla-Miño”.
As actividades realizáronse equitativamente nos catro concellos e consistiron,entre outras, en obras de mantemento de xardinería e de zonas verdes así como a reparación de espazos urbanos e a mellora na xestión dos residuos. Tamén se mellorou o mobiliario urbano dos catro concellos que promoveron o Obradoiro “I Ulla-Miño”.
Este Obradoiro de Emprego ofreceu traballo e formación remunerada a 36 alumnos desempregados nalgún dos dous módulos que o compuxeron: Xardineria e Albanelaría.
Dito Obradoiro de Emprego posibilitou que os seus alumnos recibiran unha formación remunerada ao tempo que realizaron obras e servizos de interese social en beneficio da comunidade, coa finalidade de que con eses coñecementos e experiencias adquiridas acaden agora a correspondente inserción no mercado laboral.
Neste senso, este Obradoiro Emprego permitiu, tamén, a colaboración instituciónal entre: os Concellos que promoveron estas acción, e estes, coa Xunta de Galicia. A súa vez, tivo unha notable utilidade social, xa que, a traverso deste Obradoiro se, acadaron a realización de actuacións de mellora das dotacións públicas no ámbito local, que repercuten na mellora da calidade de vida e dos servizos para a sociedade. Neste senso, entre os proxectos de execución do “I Ulla- Miño” están:
– Mantemento de zonas verdes en Palas de Rei
– Construccións de servizos básicos na nave do mercado gandeiro en Palas de Rei
– Acondicionamento da área recreativa de Augas de Frádegas en Antas de Ulla.
– Rehabilitación da escola unitaria de San Miguel de Cervela en Antas de Ulla.
– Mellora de acceso ao espazo púbico de San Estevo de Castro de Amarante en Antas de Ulla.
– Mantemento de zonas verdes en Portomarín
– Acondicionamento do parque Agustín del Río en Portomarín
– Acondicionamento do parque de Antonio Sainz de Portomarín
– Acondicionamento do parque infantil e o da terceira idade en Portomarín
– Mantemento de zonas verdes en Taboada
– Acondicionamento da Aula da Natureza de Medela en Taboada.











