Charla no CEIP Eladia Mariño
Promover a igualdade e ofrecer ferramentas para a prevención da violencia de xénero. Estes son os obxectivos que se perseguirán este próximo venres por medio dunha charla impartida conxuntamente entre un axente do Corpo da Garda Civil e a educadora familiar do Concello de Cabanas e á que asistirán o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Eladia Mariño.
A través desta charla buscarse concienciar ós máis novos sobre as desigualdades entre homes e mulleres, axudar a eliminar estereotipos sexuais así como promover a coeduación. Tamén se pretende dar a coñecer ás Forzas e os Corpos de Seguridade como elementos de garantía da seguridade e das liberdades públicas e desta forma mellorar a confianza dos nenos e nenas neles.
Esta actividade enmárcase dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar, no que participan os Ministerios de Interior, Educación e Igualdade en colaboración co Programa de Educación Familiar desenvolto polos Servizos Sociais do Concello de Cabanas.











