Charla de “Hábitos saudables para os máis pequenos” no Carballiño
O Concello do Carballiño acolle o vindeiro 18 de xuño, ás 20:00 h. unha charla de “Hábitos saudables para os máis pequenos”. O coloquio terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Carballiño.
O relatorio correrá a cargo de Marta Pumar Novoa, técnico superior en nutrición e dietética.











