Charla-coloquio “Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua” en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

Na xornada de mañá, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua’, protagonizada polo deportista Sebastián ‘Chano’ Rodríguez.

Durante esta iniciativa, presentada por Rubén Riós, o nadador paralímpico relatará a súas experiencias vitais na alta competición, que o levaron a conseguir 16 medallas paralímpicas (8 de ouro, catro de prata e outras tantas de bronce).

Do proxecto ‘Espello Deportivo. Reflexos da túa lingua’ forman parte tres deportistas olímpicos e paralímpicos (Sofía Toro, Chano Rodríguez e Juan Antonio Saavedra), que percorren 36 concellos galegos durante este mes para relatar a súa experiencia deportiva e o emprego do galego como valor identitario do deporte. Esta iniciativa enmárcase na programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) para o ano 2013. Danlle apoio económico tres entidades pertencentes á Rede: a Xunta de Galicia -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación- e mais as deputacións provinciais da Coruña e de Ourense, e tamén conta coa colaboración do Concello de Verín.

Devandita charla-coloquio está enmarcada no programa das VII Xornadas de Deporte e Saúde, destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular

5 de xuño de 2013 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.