Cervo convoca un pleno extraordinario para abordar a situación dos centros de saúde do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+

O Concello de Cervo anuncia que o xoves 20 de xuño ás 13:00 horas celebrarase un pleno extraordinario no que os membros da corporación falarán dos centros de saúde do municipio como único punto a debater.

Unha sesión plenaria solicitada polos grupos da oposición, que  propoñen á corporación que aprobe un acordo para instar á Xunta de Galicia “con urxencia e vehemencia para que manteña o mesmo cadro de persoal e prazas existentes nos dous centros de saúde do concello” tal e como consta literalmente na orde do día.

17 de xuño de 2013 | 15:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.