Cerdedo recibe unha subvención de 20.000 euros para o acondicionamento da Rede Natura 2000
O Concello de Cerdedo recibe unha subvención de 20.000 € para a realización de traballos de acondicionamiento das zonas incluidas no espazo Rede Natura 2000.
O LIC Serra do Cando ocupa unhas 1.200 has da parte oriental do Concello de Cerdedo. A zona de adecuación abrangue a zona Norte da Serra do Cando e os tramos dos ríos Castro e Lérez ata adentrarse no concello de Forcarei.
Neste espazo atopamos dúas zonas claramente diferenciadas, por unha banda a Serra do Cando propiamente dita e, pola outra banda, o río Lerez e o río Castro que actúan de “corredor ecolóxico” ata unirse ao LIC “Sª do Candán”, xa fora do concello de Cerdedo.
A orografía ven definida polas altitudes extremas que conforman os 330 m existentes na xunta dos ríos Lérez e Castro e os 1.017 m. do Outeiro do Castro.
A paisaxe dominante está conformada polas matogueiras, de toxo e uz, na zona media e alta, e as carballeiras, na zona baixa, que alternan con paisaxes antropomórficas coma prados, cultivos, e prantacións forestais de piñeiros e eucaliptos. Nas ribeiras do rio Lérez e afluentes atopamos bosques de ribeira de ameneiros principalmente. Resalta especialmente a zona dos cumios que polo seu releve favorece a formación de hábitats de gran interese coma as turbeiras altas.
Os obxectivos xerais das accións plantexadas polo Concello de Cerdedo para o Espazo Natural Serra do Cando son os seguintes:
– Conservar e manter a biodiversidade e singularidade do espazo natural.
– Difundir e coñecer os espazos que configuran a Rede Natura 2000.
– Identificar, coñecer e comprender os valores ambientais destes espazos e a xustificación da súa protección e inclusión dentro da proposta da Rede Natura 2000.
– Promocionar, difundir e divulgar os valores naturais e patrimoniais dos espazos que conforman a Rede natura 2000.
– Divulgar as distintas especies animais e vexetais, xunto cos elementos patrimoniais singulares deste espazo.
– Promover a información, a concienciación e a sensibilidade da poboación sobre o medio no que se relaciona e o respecto pola natureza e o medio ambiente.
– Concienciar e sensibilizar dos problemas ambientais de dito espazo, mediante o coñecemento e divulgación do medio natural e cultural desta zona protexida.
– Inculcar a necesidade da conservación destes espazos cun elevado valor ambiental, cultural e paisaxístico.
– Asumir os dereitos e deberes como cidadáns no respecto ao patrimonio natural e cultural.
– Fomentar prácticas, comportamentos e actitudes sostibles, que contribúan a unha utilización racional dos recursos.
– Informar dos usos compatibles e incompatibles no espazo.
As actuacións que foron obxecto de subvención por parte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza son:
– Despexar os tramos das rutas de vexetación mediante a limpeza e roza superficial do firme dos roteiros existentes.
– Despexar os tramos nos que houbo desprendementos de árbores e ramas e bloquean os camiños debido o duro inverno que tivemos este ano.
– Mellora nos camiños.
Todos estes traballos serán realizados co persoal propio da brigada de operarios municipal.











