Cedeira recibirá o mes de xullo cunha Feira de Mestres Artesáns
Cedeira celebrará a principios do mes de xullo unha Feira de Mestres Artesáns. Será entre o xoves 4 e o domingo 7 na Avenida da Mariña, no paseo que une os pontes vella e nova da vila. Alí situarán os seus postos unha vintena de creadores, procedentes de diferentes puntos da xeografía española como Barcelona, Madrid, Cádiz, León, Coruña, Santiago…
A diferenza con outras citas destas características é que cada artesán producirá os seus produtos na propia feira, co que o público asistente poderá seguir o proceso de elaboración en vivo e en directo. Iso si, con algunhas excepcións, como aqueles postos dedicados á venda de
produtos gastronómicos como embutidos ou queixos. Neste caso, terán que acreditar a Carta de Produto Artesán. Que se poderán encontrar os visitantes? Como se mencionou, gastronomía, pintura, pirogravado, ourivaría, madeira, cerámica…
O Concello de Cedeira avanza que a Feira arrancará cada xornada sobre as 11 horas e se prolongará, en horario de mañá, ata as 14 horas. Pola tarde, retomarase ás 18 horas e o peche dependerá da afluencia de cada día, ampliándose de cara ao fin de semana.
Cedeira converterase así no punto de partida dunha Ruta que levará aos Mestres Artesáns por toda a Comunidade galega e, máis concretamente, por catorce municipios da costa.
Por último, dende a Concellaría de Promoción Turística e Cultura que dirixe o edil Luis Rubido, se invita veciños e visitantes a gozar desta proposta novidosa coa que a vila recibirá o mes de xullo.











