Casazul acolle mañá a primeira xornada do programa “Recicletas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellería de Benestar Social inicia mañá 12 de xuño o programa “Recicletas”, o primeiro obradoiro de recuperación de bicicletas da provincia que se celebrará entre o 12 de xuño e o 17 de xullo.

O obxecto desta iniciativa é que os usuarios teñan uns coñecementos mínimos de formación para o mantemento básico da bicicleta nas súas casas, dado o importante incremento deste transporte na cidade.

As clases serán impartidas na Casazul coas bicicletas do antigo servizo Pillabici, que serán entregadas trala súa reparación a estudantes Erasmus da cidade.

Trátase dun primeiro obradoiro dirixido pola Concellaría de Benestar que pretende ter futuro noutras edicións en coordinación coa área da Concellaría de Mobilidade que dirixe Miguel Filgueira, xa que un dos obxectivos deste programa é fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade e tamén acadar unha formación complementaria.

11 de xuño de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.