Carmen Basadre asinou os convenios coas empresas patrocinadoras do Arde Lucus 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+
Basadre xunto aos empresarios patrocinadores

Basadre xunto aos representantes das empresas patrocinadoras

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presidiu un acto de recepción e sinatura de convenios coas empresas patrocinadoras do Arde Lucus.

Desta maneira, estiveron os representantes das empresas Asogal, Alsa, Autocares Her-vei, Caixa Rural Galega, Calfensa, Centro Comercial As Termas, Coca-Cola, Estrella Galicia, Gadisa, Gestagua, La Caixa-Caixabank, Novagalicia Banco, Ola (Omnibús Lucus Augusti), Paradavella, Salvacon, Sanle e Urbaser, que asinaron os convenios de colaboración para o Arde Lucus 2013.

Carmen Basadre agradeceu “a todas estas empresas que quixeron participar polo esforzo que fan para dar a coñecer o Arde Lucus e por querer formar parte dunha festa que involucra a toda a cidade e a moitas persoas que nos visitan durante estes días”.

11 de xuño de 2013 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.