Carballo acolle o IV Batizado e Troca de Cordas de Abadá Capoeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarballoDeportesLocal
A-
A+
Presentación do evento

Presentación do evento

Carballo acolle entre o xoves 6 e o domingo 9 de xuño a celebración do IV Batizado e Troca de cordas Abadá Capoeira, unha festa na que se lle da un apelido (alcume) aos capoeiristas noveis, ademais de realizarse a troca de cordas: o cambio de graduación (cinto) dos capoeiristas. Os encargados de organizar esta cita, coa colaboración do Concello de Carballo, son África Alberti (Graduada África) e Alejandro Pensado (Graduado Patas), que levan dende 2009 impartindo clases en Don Ximnasio e que colaboran co Padroado Deportivo Municipal en varias citas ao longo do ano, nomeadamente en Xogar na Rúa. Está previsto que na celebración da fin de semana participen uns 70 capoeiristas, incrementándose notablemente o número respecto do ano pasado. Arredor de 30 destes capoeiristas veñen de fóra, tres de Río de Janeiro, pero tamén con xente chegada de Canarias, Cataluña, Madrid ou Asturias. Pensado quixo subliñar que, aínda que dende fóra poida parecer difícil, a actividade pode practicala quen o desexe e explicou que o obxectivo é consolidar a capoeira e seguir tentando difundila como unha alternativa deportiva. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo “desexar que siga habendo xente con tanta ilusión” como a de Abadá Capoeira e que se poida seguir vendo aos nenos e nenas practicar esta disciplina cun sorriso na cara.

5 de xuño de 2013 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.