Cantos de Taberna chegan ao seu remate cun novo éxito de plúbico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Este vernes, 28 de xuño, rematará esta segunda edición de Cantos de Taberna que resultou tan exitosa como a primeira. O grupo Maravallada, coordinador de todas estas sesións celebradas todos os últimos venres de mes, será o protagonista único desta última xornada, xa que en anteriores ocasións estivo acompañado de distintos grupos do país.

A actuación será nas tabernas Reixas e A Navarra entre as 21.00 e as 00.00 horas. Cabe lembrar que entre as novidades desta segunda edición dos Cantos de Taberna a Concellaría de Festas acordou reducir de tres a dous locais nos que se actúa pola noite, a petición das persoas que participan nestas sesións dado que cando comeza a animarse a noite, o grupo tiña que cambiar de establecemento.

Todos os afeccionados a este espectáculo musical popular terán a oportunidade de volver a gozar destas actuacións na Festas de verán do
Concello, en concreto durante a semana da Festa da Peregrina, como no pasado ano, que resultou todo un éxito de público.

26 de xuño de 2013 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.