Campamento urbano A Cañiza verán 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal
A-
A+

OBXECTO
É obxecto desta convocatoria o fomento da práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural e a ocupación do tempo libre e de lecer.
 
TEMPORALIDADE
O campamento está estruturado en dúas quincenas:
1ª Quincena : do 1 ao 12 de xullo de 2013
2ª Quincena : do 15 ao 26 de xullo de 2013
 
PREZO
3.1. O Prezo de cada quincena é de 45 €
 
PARTICIPANTES
Poden solicitar  a súa participación nas actividades ofertadas as nenas e nenos nacidas/os no ano sinalado para cada actividade:
Grupo I: de 3 a 5 anos (é condición indispensable que os nenos/as de 3 anos teñan cursado o 1º ano de Educación Infantil).
Grupo II: de 6 a 9 anos
Grupo III: de 10 a 12 anos
 
O número total de prazas é de 50 nenas/os, por quincena. Así mesmo, haberá se é necesario, unha lista de espera. No caso de que ese número non se chegue a cubrir, procederase á  adxudicación das prazas sobrantes a nenos/as non empadroados no concello da Cañiza.
Os participantes disporán de actividades de carácter sociocultural, recreativo, deportivo e convivencial.
 
FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes e a documentación requirida para participar nesta convocatoria deberán presentarse na Biblioteca Pública Municipal da Cañiza, sita en Rúa Progreso nº 21.
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 10 ao 20 de xuño de 2013 para os nenos/as empadroados, e se fose necesario, por non cubrirse as prazas, do 21 ao 26 de xuño para os non empadroados.

12 de xuño de 2013 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.