publicidade hoxe

Campamento urbano 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRianxo
A-
A+

14062013-27Organizado polas tres concellerías: a  Concellería de Xuventude, a de  Deporte e Saúde e a de Igualdade, preséntase o CAMPAMENTO URBANO VERÁN 2013, que conta con moitas novidades respecto de anos anteriores:

MÁIS TEMPO: o Campamento Urbano vai ter actividade cinco días á semana, triplicando o horario do ano anterior.
MÁIS IDADES: Amplíase o espectro de idades, pois vai dirixido a nenos e nenas nados entre o 2001 e 2009.
MÁIS PRAZAS: Ofértanse 150, podendo ampliarse ata as 200.
MÁIS PROFESIONAIS: 10 monitores con formación específica, aos que hai que sumar os monitores do Servizo de Deportes.
MÁIS ACTIVIDADES E CONTIDOS: Actividades Deportivas, obradoiros gastronómicos, falshmob, StopMotion, Música e bailes, expresión corporal, obradoiros…

O fío condutor do Campamento Urbano será unha VIAXE ARREDOR DO MUNDO, con inicio e fin en Rianxo e que pasará por Asia, América, África, Oceanía, Europa para descubrir aspectos culturais, tradicións, costumes.

INFORMACIÓN XERAL

Calendario
1 de xullo ao 14 de agosto.

Días
5 días á semana, de luns a venres.

Horario
10:30 a 13:30 h.

Dirixido a
nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2009

Prazas
150, ampliables ata 200. No caso de superarse esta última cantidade, procederíase a facer un sorteo público, no que participarían os inscritos dentro do prazo estipulado

Prazo de inscrición
do 18 ao 28 de xuño. No caso de que non se cubriran as prazas o día de remate do prazo, este non se pecharía, podendo inscribirse unha vez iniciado o Campamento.

Lugar
C.E.I.P. A.D.R. Castelao e Pavillón de Rianxo.

Información e inscricións
É posible formalizar a inscrición online ou nas oficinas de:

Igualdade – Servizos Sociais
Deportes – Cuartel Vello
Xuventude – Auditorio Municipal

14 de xuño de 2013 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.