Cambre xa conta cun Banco de Libros de Textoque que beneficiará a 1.500 escolares
A concellería de Igualdade, Benestar Social, e Educación do Concello de Cambre e as ANPAs “Castelao” do IES “Afonso X O Sabio”, ANPA do IES David Buján, ANPA “Fendetestas” do CEIP Wenceslao Fernández Flórez, ANPA do CEIP O Graxal, ANPA do CEIP Emilio González López e a ANPA “O Souto” do CEIP Gonzalo Torrente Ballester acordaron onte poñer en marcha o Banco de Libros de Texto.
Aínda que cada ANPA (e centro educativo) van a dispoñer do seu propio banco de libros de texto, tras varias reunións de traballo e coordinación entre ANPAS e Concello, elaboráronse unhas normas básicas de funcionamento para todos/as que favorecen o contacto e a coordinación entre bancos de libros de texto e igualan as condicións de acceso ao servizo. A edil de Educación e Servizos Sociais, María Jesús González Roel, asegura que a mesa de traballo de onte coas ANPAS “foi moi productiva e que a inicitiva será moi importante de cara o futuro”.
As ANPAS xestionarán todo o servizo desde cada un dos seus centros educativos e o papel do Concello foi e será o de coordinar ás ANPAS, apoiar a elaboración dun sistema de organización e funcionamento, e elaborar un programa informático de xestión do servizo para cada centro educativo.
Esta iniciativa precisa da implicación da comunidade escolar, ANPA, alumnado e familias para conseguirmos entre todos os seguintes obxectivos; favorecer a economía familiar, fomentar a solidariedade e fomentar a reutilización, o consumo responsable e sustentable e os valores medio ambientais. Ademáis, se acordou crear unha campaña informativa chamada “Comparte os teus libros, non poñas límites a súa vida!” que está dirixida aos CEIPs e IES do Concello de Cambre, e máis en concreto aos seguintes aos cursosde 3º a 6º de primaria, de 1º a 4º da ESO, e 1º e 2º de bacharelato.
Consiste na doazón por parte do alumnado dos libros usados durante o presente curso escolar e na solicitude dos libros que o alumnado precise para o novo curso escolar 2013 – 2014. Os libros teñen que estar en bo estado de conservación, polo que, é fundamental concienciar e sensibilizar ao alumnado e ás familias no coidado dos libros e facer un bo uso deles durante o curso escolar.
A campaña é solidaria e universal, é dicir, tentará chegar a todas as familias participantes. As familias que doen libros terán preferencia á hora de recibilos, pero ten que quedar claro, que no caso de non reunir o mesmo número de doazóns que de solicitudes, non se adquirirán dereitos, polo que, se repartirán os libros en función do seguinte baremo ata o final das existencias:
1 punto por cada libro doado
0,5 puntos por ser socio/a do ANPA
(Os libros doados en mal estado ou caducados non obterán puntuación)
O alumnado de 6º de primaria que doen os libros do presente curso escolar, poderán solicitar os de 1º da ESO sempre e cando o cursen nalgún dos dous institutos públicos de Cambre.
O alumnado de 2º de primaria poderá solicitar os libros de 3º de primaria sen doar libros. Agora ben, se é socio/a da ANPA obterá 0,5 puntos e se teñen algún libro na casa dalgún familiar ou amigo/a de cursos válidos (3º, 4º, 5º ou 6º de primaria ou da ESO ou bacharelato) que non estean caducados, se os doan poderán obter un punto por cada libro válido.











