Cambre propón unha nova Ordenanza de Servizos Sociais que ampliará a cobertura para os veciños en situación de emerxencia social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

O goberno local propoñerá no pleno de mañá xoves a modificación ordenanza reguladora das medidas de apoio á inserción socio – familiar para persoas que participen no programa de intervención familiar. A concellaría de Servizos Sociais realizou un esforzo importante para mellorar a ordenanza que estaba en vigor. Así, poñerán acceder ás axudas de emergia social un maior número de usuarios, tal e como reflicte a proposta elaborada por este departamento que se consensuou co resto de grupos municipais. Así, varias das modificacións responden ás achegas realizadas polos grupos do PSOE e EU.

Entre os cambios máis significativos, preténdese aumentar un dos requisitos fundamentais para acceder a estas axudas como é o da Renda per cápita. Na nova ordenanza formúlase ampliar esta renda, pasando de dispoñer dunha renda per cápita mensual dun 25% a un 45% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) vixente, e deducindo os gastos de aluguer ou de hipoteca da vivenda ata un máximo de 400 euros.

Ademais, no caso de que haxa un único membro na unidade familiar, o límite de ingresos será o equivalente á pensión No Contributiva (364 euros ao mes). Esta proposta realizouse no día de hoxe a través dunha emenda da propia edil de Servizos Sociais, María Jesús González Roel.
Os vales de alimentación básica, apartir de agora, serán nominativos e expedidos polo establecemento concertado cun importe de 50 euros cada un. Así mesmo, no ámbito educativo establécense unha serie de axudas para escolares menores de tres anos en escolas infantís privadas para situacións de emerxencia temporal.

Por outro lado, daranse axudas para tratamentos especiais en ortopedia, prótese, lentes correctoras e gastos en desplamientos de autobús. En canto á vivenda, como novidade formúlanse axudas para o equipamento básico da vivenda habitual, reparacións de urxente necesidade e para adaptación funcional. Espero que esta ordenanza que levamos a pleno mañá conte co respaldo de todos os grupos xa que dende un prinicipio se tratou de consensuar con todos eles. É moi importante para os cambreses que o están pasando mal que se aproben estas medidas o antes posible”, sentenciou Roel.

Segundo o goberno local, o Programa de intervención familiar ten por obxecto a regulación das medidas de apoio económico, entendendo por estas o conxunto de axudas e prestacións económicas destinadas a paliar situacións de emerxencia social, previr situacións de exclusión social e favorecer a integración plena e social dos sectores de poboación que carezan de recursos económicos propios para a atención das súas necesidades básicas

26 de xuño de 2013 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.