Cambre organiza unha charla informativa sobre participacións preferentes e obrigas subordinadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

O Concello de Cambre organiza unha charla informativa sobre participacións preferentes e obrigas subordinadas no centro sociocultural do Graxal o próximo xoves 13 ás 20.00 horas. O experto avogado en dereito bancario e financeiro, Agenor Gómez Álvarez, será o encargado de impartir a conferencia á que están invitados todos os veciños do municipio e especialmente os afectados por este produto bancario.

O obxectivo do relatorio é informar aos veciños de Cambre afectados ou non polas Participacións Preferentes sobre as novidades que afectan a esta problemática. Tras a para charla informativa sobre a materia, o experto tratará de atender o maior número posible de consultas. A charla versará sobre o troco de accións e quita, arbitraxe das preferentes, alternativas e solucións.

10 de xuño de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.