Cambre Emprende 2013
Normativa
Bases reguladoras e convocatoria do programa de axudas municipais á creación de empresas do Concello de Cambre aprobadas polo pleno da corporación do 30 de maio de 2013 (BOP nº 11 de xuño de 2013).
Persoas beneficiarias
Persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
– Que estean desempregadas no momento de iniciar a actividade empresarial.
– Que se dean de alta no RETA ou nalgunha mutualidade dos colexios profesionais, ben como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación ou ben como/as socios promotores/as no caso de sociedades mercantís entre o 1 de xullo de 2012 e o 30 de xuño de 2013.
– Que desenvolvan a súa actividade empresarial no Concello de Cambre, nos seguintes termos:
– En caso de desenvolver a súa actividade a través dun establecemento permanente, que este se atope radicado no termo municipal de Cambre.
– En caso de que para o exercicio da actividade non se dispoña de establecemento permanente, que o domicilio fiscal da empresa estea dentro do termo municipal de Cambre.
– Que desenvolvan esta actividade como mínimo durante un ano, que se contará a partir do día de alta no RETA ou na mutualidade do colexio profesional do que se trate.
– Que non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as:
– A mesma ou similar actividade en Cambre durante os 6 meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de 3 díxitos da CNAE.
– Calquera outra actividade nos 3 meses anteriores inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade.
A actividade que fundamenta a concesión da subvención deberá manterse durante un tempo mínimo dun ano, salvo por causas alleas á súa vontade, o cal deberá acreditar fidedignamente.
Tipo de axuda e contía
Subvención a fondo perdido de ata o 100% das cotas efectivamente pagadas dos 6 primeiros meses naturais do exercicio da actividade tomando como referencia a base mínima de cotización para o ano 2013 do RETA
Documentación necesaria
– Solicitude segundo o modelo oficial publicado.
– Fotocopia compulsada do DNI ou NIE da persoa solicitante.
– Fotocopia compulsada do CIF e do contrato de constitución, no caso de sociedades non mercantís.
– Fotocopia compulsada do CIF e das escrituras de constitución debidamente rexistradas, no caso de sociedades mercantís, xunto coa fotocopia compulsada do poder de quen ostente a representación legal.
– Fotocopia compulsada da declaración censual de alta da Axencia Tributaria (modelos 036 ou 037) e, se é o caso, alta no Imposto de Actividades Económicas.
– Fotocopia compulsada do documento de solicitude e resolución e recoñecemento da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponde.
– Fotocopia compulsada do informe actualizado de vida laboral.
– Memoria económica do proxecto empresarial, asinada pola persoa solicitante, que inclúa o orzamento do investimento e o plan de financiamento que acredite a viabilidade do proxecto, segundo o modelo do anexo IV ou calquera que, respectando o contido mínimo, queira presentar a persoa solicitante.
– Fotocopias compulsadas dos recibos bancarios de pagamento das cotas do RETA ou mutualidade profesional.
– Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto ou actividade (modelo oficial do anexo III).
– Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (modelo oficial do anexo V).
– Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo oficial do anexo II).
– Fotocopia compulsada de estar ao corrente nos pagamentos coa Tesourería Xeral de Seguridade Social.
Datas límite
– Para as altas producidas nos meses de xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 2012: ata 31 de xullo de 2013.
– Para as altas producidas nos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2013: ata o 30 detembro de 2013.
– Para as altas producidas nos meses de abril, maio e xuño de 2013: ata o 5 de decembro de 2013.











