Cambre celebra un pleno infantil no que participaron medio centenar de alumnos do CEIP Portofaro

Escolares no pleno infantil
O Concello de Cambre celebrou esta mañá un pleno infantil no que medio centenar de alumnos do CEIP Portofaro participaron en desenvolvendo o papel dos concelleiros dunha sesión plenaria. O alcalde, Manuel Rivas, presentou os novos “edís” e explicoulles funcionamento e o desenvolvemento das sesións plenarias así como as atribucións e competencias dos plenos municipais. Ademais, Rivas, seguindo unha orde do día especial para a sesión, contestou a máis dunha vintena de rogos e preguntas relacionadas cos problemas dos veciños de Cambre.
Este evento formativo achegou aos escolares o funcionamento da administración local facéndoos partícipes desta. Tras a intervención de Rivas, deu comezo unha sesión na que os escolares preguntaron sobre a seguridade vial, as instalacións deportivas, a limpeza do mobiliario público, o paro, as prazas dos colexios ou o saneamento da ría. Tras finalizar o pleno degustaron unhas galletas que encargou a propia casa do concello para os pequenos.











