Cambre abre o prazo para solicitar un posto na Feira tradicional de Cambre
A área de Economía, Facenda, Promoción Económica e Consumo abre o prazo para solicitar un posto na feira tradicional de Cambre. A partir do próximo sábado os interesados poderán presentar as súas estanzas para obter un posto de venda ambulante na feira e o prazo finalizará o 3 de xullo.
Por Resolución da concelleiro delegada da área de Promoción Económica do día 11 de xuño de 2013, aprobáronse as bases da convocatoria para o outorgamento, en réxime de concorrencia, das autorizacións dos postos de venda ambulante na feira tradicional de Cambre QUE XA SE PODEN CONSULTAR NA PÁXINA WEB.
Os interesados que desexen consultar as bases ou ter máis información ao respecto poderán facelo no taboleiro de anuncios do concello, na web, ou na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cambre, sita na rúa Wenceslao Fernández Flórez, Cambre.
A edil de Promoción Económica, Marta Vázquez Golpe, asegura que o traballo levado a cabo para licitar a feira tradicional foi complicado porque son moitos os departamentos municipais que tomaron parte neste. Gustaríame ter podido licitar a feira antes, pero as cousas que hai que facelas ben, aínda que leven máis tempo. Foi moi complexo o traballo que se realizou pola cantidade de departamentos que traballaron niso. O goberno local pensa potenciar como activo turístico e cultural. Espero que agora tras tantos anos de historia teñamos unha feira regulada, ordenada e que evite os problemas que se formulaban antes cando ninguén tiña un posto asegurado. Espero que esta feira, un referente histórico comercial da bisbarra creza como se merece” “, apuntou.











