Cambios no tráfico para os vindeiros días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A área de Tráfico e Mobilidade informa das seguintes afeccións durante os próximos días:

-con motivo da celebración, o domingo 16 de xuño, do Día do Deporte na rúa, manterase cortado o tráfico de 11.00 a 15.00 horas no espazo comprendido entre a praza de Mina e a rúa Ambrosio Feijoo. Ademais, debido a unha manifestación que discorrerá entre a praza da Palloza e a praza de Ourense de 12.00 a 15.00 horas realizaranse cortes a medida que vaia avanzando. Recoméndase a circulación polas rúas Federico Tapia, praza de Pontevedra, San Andrés, Rúa Alta e Paseo Marítimo.

-Por outra parte, autorizouse unha nova prórroga para as obras de realización da condución principal de abastecemento Alvedro-Monte Mero da empresa EMALCSA, polo que se mantén ata o 28 de xuño o corte do ramal de conexión fronte á gasolineira.

14 de xuño de 2013 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.