Cambios na circulación
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de que é necesario cortar a circulación á altura do número 5 da rúa Alcalde Suárez Ferrín debido aos traballos de reposición de pavimentos e impermeabilización. Permitirase o acceso aos garaxes dende a rúa Manuel Azaña e dende a rúa perpendicular a Emilio González López, permitíndose neste caso o dobre sentido de circulación. As obras empezarán mañá, mércores 5 de xuño, e está previsto que se finalicen o 21 de xuño.











