Cambio de luminarias no Parque de Oza
O Concello, a través da Concellaría de Infraestruturas, informa de que durante toda a semana se van realizar tarefas de mellora da eficiencia enerxética na iluminación do Parque de Oza. Os traballos, que contan cun investimento de 9.263,57 euros, consisten no cambio das 144 lámpadas existentes por outras de tecnoloxía eficiente con posibilidade de regulación.











