Benestar Social finaliza a actividade de Aquagym
A área de Benestar Social, que dirixe a edil Purificación Alberte, finalizou a actividade de Aquagym por esta tempada 2012/13, coa participación de máis de 24 maiores da nosa vila, que durante estes meses gozaron dunha ximnasia na piscina de Corzos, que na maioría dos casos lles resultou moi proveitosa e beneficiosa.
Purificación Alberte sinalaba que “todos os estudos e os especialistas recomenda este tipo de actividade física para os maiores, e por iso non dubidamos en ofrecela aos veciños do Carballiño. Cremos que, polo que dixeron os usuarios, foi un acerto que pensamos repetir en próximas tempadas”.











