Ata o 25 de xuño permanecerá aberto o prazo para poder participar nas escolas de verán do Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes ven de facer pública a convocatoria para participar nas súas escolas de verán durante os meses de xullo e agosto. Nelas levaranse a cabo una serie de actividades en horarios de mañá, coas que se pretende que os nenos e nenas vexan, descubran e participen do entorno no que viven durante as vacacións estivais. Un xeito que ten o Concello de Ordes de contribuir á conciliación da vida laboral e familiar dos seus residentes durante os meses de verán.

Poderán participar nesta iniciativa aqueles nenos e nenas escolarizados en Educuación Infantil e Primaria nalgún centro do municipio durante o curso 2012-13. O programa está dividido en quendas de 15 días poidendo inscribirse en todas as que se desexen. Eso sí, as prazas son limitadas polo que serán outorgadas por rigurosa orde de inscrición, cuxo prazo finalizará o vindeiro día 25 deste mes. Os prezos oscilarán entre os 31, 62, 93 e os 124 euros según o número de quendas nas que se teña previsto participar. Para elo é preciso acudir ao Departamento de Cultura e Deporte coa ficha de inscrición debidamente cumplimentada, fotocopia do DNI do asistente ou ben do libro de familia, copia da tarxeta sanitaria e xusificante médico asinado no caso de que exista una doenza que deba terse en conta. Ás familias numerosas aplicaráselles un desconto do 50%. 

 A través do programa deseñado para esta ocasión preténdese axudar aos nenos a convivir, facer amistades, reciclar de xeito divertido, coidar o entorno, coñecer distintas culturas, facer deporte e tratar con igualdade e respecto a outros rapaces e rapazas.

14 de xuño de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.