Ata o 25 de xuño está aberto o prazo de inscrición no programa diúrno de balnearios 2013-Coidarte
O Programa Diúrno de Balnearios ten por obxecto proporcionar, as persoas nadas con anterioridade a 1963, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar que residan na nosa localidade, actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida. O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. O Concello de Tui dispón de ata 100 prazas subvencionadas para participar neste programa.
O Concello de Tui ofrece a través do seu Departamento de Servizos Sociais o asesoramento preciso para realizar as correspondentes solicitudes daquelas persoas que cumpran o seguintes requirimentos:
Persoas nadas antes de 1963
Pensionistas da Seguridade Social.
Aquelas persoas que, mediante informe da traballadora social do concello, se estime necesario ofrecerlle situación de respiro familiar.
É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía.
O prazo de solicitude é do 7 ao 25 de xuño e formalizarase no Departamento de Servizos Sociais na Casa do Concello de Tui.
Amais os usuarios no momento de iniciala actividade deberán achegar as seguintes cantidades segundo o centro escollido:
Balneario Termas de Cuntis: 70 euros
Balneario de Mondariz: 66 euros
Balneario Hesperia Isla de la Toja: 68 euros
Thalaso Atlántico de Oia: 63 euros
Spa Oca Galatea de Sanxenxo: 45 euros
Spa Norat Marina do Grove: 32 euros
Spa Torre do Deza de Lalín: 20 euros











