As piscinas de A Granxa abren as súas portas para a tempada do verán 2013
Tras a realización de obras de remodelación das piscinas descubertas ‘A Granxa’ -selado das filtracións dos vasos grande e mediano, substitución de canalizacións nas zonas de praia anexas ás piscinas e cambio de areeiros das depuradoras das piscinas- co obxecto de reducir o consumo de auga e enerxía desta instalación, iníciase mañá venres a tempada de verán das mesmas.
Ata novo aviso só estarán abertos ao público as vasos pequeno e mediano, mañá de 15 a 21 horas, e desde o sábado 29 de xuño ata fin de tempada (primeira quincena de setembro) no horario de 12 a 21 horas (de luns a sábado) e de 11 a 21 horas (domingo).
Os prezos para acceder as piscinas descubertas ‘A Granxa’ -situadas no parque de Chaves- son os seguintes:
– Menores de dous anos (eurocidadáns/as e non eurocidadáns/as): gratis.
– De dous a catorce anos cumpridos: 0,75 euros (eurocidadáns/as) e 0,90 euros (non eurocidadáns/as).
– Maiores de 15 anos (15 inclusive): 1,40 euros (eurocidadáns/as) e 1,75 euros (non eurocidadáns/as).
– Bono mensual:
*Adulto: 25 € (eurocidadáns/as) e 32 € (non eurocidadáns/as).
*Infantil: 12 € (eurocidadáns/as) e 16 € (non eurocidadáns/as).
– Bono tempada:
*Adulto: 59 € (eurocidadáns/as) e 75 € (non eurocidadáns/as).
*Infantil: 29 € (eurocidadáns/as) e 38 € (non eurocidadáns/as).
Os/as socios/as da Piscina Climatizada de Verín terán acceso gratuíto ás piscinas descubertas ‘A Granxa’ durante o mes de agosto, debido a que a mesma estará pechada durante ese mes por tarefas de mantemento e desinfección, mentres que no mes de xullo si deberán abonar a correspondente entrada cos prezos indicados con anterioridade (no mes de agosto deben presentar a súa tarxeta identificativa de socio/a da Piscina Climatizada para poder acceder, de modo gratuíto, ás instalacións das piscinas de ‘A Granxa’).
Para obter os descontos de eurocidadán/a é necesario presentar, de modo diario, a Tarxeta do Eurocidadán ou un certificado de empadroamento, senón se presentase aplicaríanse as tarifas de non eurocidadán/a ou non empadroado/a. Mentres o certificado de empadroamento debe solicitarse no Rexistro do Concello de Verín, a Tarxeta do Eurocidadán, destinada a residentes nos municipios de Chaves e de Verín de forma gratuíta, pode ser requirida nas dependencias do Municipio de Chaves ou no Concello de Verín. Para a emisión da mesma os residentes do municipio de Verín a documentación necesaria para a súa solicitude é: DNI -no caso de cidadán nacional-, certificado de residencia -no caso de cidadán estranxeiro- e cubrir a ficha de inscrición (a entregar polo GAT ou a descargar na páxina web). Mentres que en Chaves deben presentar a seguinte documentación: cartão do Cidadão ou Bilhete de Identidade -en caso de cidadán nacional-, autorización de Residencia en Portugal, emitido pola entidade competente -en caso de cidadán estranxeiro-; cartão do Cidadão, do Bilhete de Identidade ou da Autorización de Residencia en Portugal dos pais ou do representante legal -en caso de menores que non posúen documento de identificación-.
Por outra banda, o Concello de Verín xa instalou á presa na praia fluvial do río Támega o que facilita o baño nesta zona durante todo o verán.











