As investigación da toponimia do rural trasládase a Cerponzóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Chamámonos así, o proxecto da Concellaría de Normalización Lingüística que busca a recuperación da toponimia dos lugares do rural pontevedrés, dá un paso máis esta semana trasladando as súa investigación ás parroquias pendentes: Cerponzóns, Lérez, Alba, Campañó, Bora, Ponte Sampaio e A Canicouva.

Esta mesma tardiña, reunirase o Consello parroquial de Cerponzóns para coñecer o proxecto e as persoas que traballan nel. Mañá reunirase o
Consello parroquial de Alba.

O proxecto ten un evidente valor patrimonial e etnográfico que facilitará o traballo interno entre os servizos do Concello de Pontevedra e
tamén a consulta externa por parte de investigadores, veciños ou todas as persoas interesadas nestes eidos. Non ten relación coas actualizacións catastrais.

4 de xuño de 2013 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.