As Escolas Multideportivas da Fundación contarán coa participación de 255 usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

As Escolas Multideportivas de Verán organizadas pola Fundación de Deportes contarán este ano cun total de 255 usuarios, todos eles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 14 anos. A actividades comezarán o luns e impartiranse de luns a venres durante os meses de xullo e agosto. As Escolas Multideportivas propiamente ditas celebraranse nas praias da Concha-Compostela, e a actividade de patinaxe nas instalacións do colexio Arealonga.

O número de usuarios cos que contarán as Escolas Multideportivas ascende a 142, polo que se organizarán seis grupos con dous horarios diferenciados: de 10 a 11.30 horas e de 11.30 a 13.00 horas. As sesións impartiranse todos os días de luns a venres. A actividade de patinaxe conta con 113 nenos anotados que se dividirán en catro grupos diferenciados segundo o nivel dos patinadores e que celebrarán as clases catro días á semana en horario de 11.30 a 13.00 horas.

Moitos dos nenos e nenas que participan no programa de verán organizadas pola Fundación de Deporte optaron por anotarse nas dúas actividades, é dicir nas Escolas Multideportivas e na de patinaxe, cuxos horarios compatibilizarán para poder asistir a ambas. Esta é a razón polo que aínda que o número de inscricións (persoas reais) ascende a 155, en total son 255 os usuarios dado que moitos dos nenos participan nas dúas modalidades.

Nas Escolas Multideportivas de Verán inclúense algunhas das actividades que xa se imparten en inverno e que se poden adaptar á praia, como fútbol, volei, baloncesto ou béisbol, rugby, así como outras máis típicas da temporada estival como palas e freesbe e mesmo piragüismo, que se desenvolverá nunha zona acotada da praia. Tamén se realizarán xogos de cooperación.

30 de xuño de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.