As Escolas Deportivas Municipais de Bádminton de Cedeira logran 11 medallas no Provincial
Os deportistas das Escolas Municipais de Bádminton de Cedeira conquistaron ata once medallas no Campionato Provincial en Idade Escolar celebrado o pasado sábado, 8 de xuño, na localidade de Serra de Outes. Unha competición que se enmarca no programa “Xogade” e que organiza o Servizo de Deportes da Xunta de Galicia. A cita congregaba a máis de 150 nenos e nenas das catro zonas nas que se dividía a provincia (Noia, Ferrolterra, A Coruña e Santiago), distribuídos nas categorías Benjamín, Cría, Infantil e Cadete, masculino e feminino.
Neste contexto, as Escolas Deportivas de Cedeira foi o club máis valorado e premiado na competición, xa que conseguiu catro oros (Lucía Vázquez -cría feminina-, Daniel Montero – infantil masculino-, Irene López -cadete feminino- e Yago Rivas -cadete masculino-); dous platas
(Antía Villar -cría feminina- e Beatriz García -cadete feminino-) e cinco bronces (Saray Rivas e Noa Trigo -cría feminina-, Alejandro Córdoba -cría masculina- Elena López -cadete feminino- e Leonardo Sampaio -cadete masculino-). Todos eles quedaron así clasificados para a competición autonómica que, en breve, se celebrará na provincia de Pontevedra.
A maiores, elaborouse unha clasificación por equipos na que as Escolas Deportivas de Cedeira, que representaban á zona de Ferrolterra, gañaron nas categorías cría feminina, infantil masculino e cadete masculino e feminino.











