As entradas para o espectáculo de Dani Mateo pódense mercar a prezo reducido ata o venres
A promotora do espectáculo “PK2.0 Que Dios nos pille confesados”, que Dani Mateo ofrecerá o día 22 de xuño no Auditorio de Vilagarcía lembra que as entradas poderanse adquirir a prezos reducidos esta semana. Coa promoción, o custe dos billetes será de 15 euros na zona A, 13 na B e 11 euros ata o venres, 15 de xuño. A partir de entón o prezo increméntase en 2 euros.
A actuación de Dani Mateo será o sábado 22 de xuño a partir das 22:00 horas no Auditorio. Os billetes pódense adquirir de xeito anticipado a través das canles habituais: www.servinova.com e o teléfono 902 504 500, cos correspondentes custes de xestión. Tamén se venderán o mesmo día da función a partir das 19:00 horas.
“Pk2.0. Que Dios nos pille confesados” é unha revisión actualizada e incompleta dos 7 pecados capitais da man dun home que sabe ben do que fala porque traballa en la tele, oficio para o cal é máis importante ser pecador que dominar o inglés. “Aínda que iso tamén ocorre en política, pero estamos falando de traballos en nos que se traballa”, sinala o colaborador do televisivo programa “El Intermedio”. Son 7 monólogos pensados para os luxuriosos, os avariciosos, os comellóns, os envexosos, os irascibles, os preguiceiros e os soberbios. E si alguén pensa que non é nada diso, entón é máis soberbio do que cre. Dani Mateo invita a todo o que o día 22 de xuño teña a alma sucia e a noite libre, a ir a facer exame de conciencia xunto a el no Auditorio. Non garante o ceo o, pero si as risas.











