“As cores de Monterrei” na Casa do Escudo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

A Casa do Escudo de Verín acolle ata o 15 de xuño a exposición ‘As cores de Monterrei’, organizada pola Ruta do Viño Monterrei en colaboración co Concello de Verín.

A mesma está conformada por 35 imaxes fotográficas presentadas ao concurso da asociación Ruta do Viño Monterrei, realizado a finais do pasado ano, co obxecto de recoñecer a creatividade da fotografía no mundo do viño, tanto en afeccionados como profesionais; e destacar o patrimonio natural e arquitectónico da comarca de Monterrei -por este motivo, todas elas inclúen o castelo de Monterrei e unha imaxe de viñedos na época outonal-.

A fotografía gañadora deste concurso foi a de Carla Fernández Rey, que recibiu 300 euros e un diploma, e os accésits recaeron en José Benito Diéguez Teixeira.

A mostra poderá visitarse de luns a sábado, ambos os dous días incluídos, de 10 a 14 e de 17 a 20.30 horas.

5 de xuño de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.