As Burgas reabriron ao público esta mañá tras rematar os traballos de limpeza e recuperadas as condicións idóneas para o uso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O recinto termal das Burgas reabriu ao público esta mañá unha vez rematadas as tarefas de limpeza e mantemento realizadas polo Concello, despois de que no día de onte a piscina amanecera tinguida cun colorante. Operarios do Concello procederon a baleirar a piscina termal, realizar os traballos de limpeza, eliminar os restos da pintura, e volver encher de auga a piscina ata completar a súa posta a punto recuperando as condicións óptimas para o baño e desfrute dos cidadáns. O recinto termal abre no seu horario habitual de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 21:00, tódolos días da semana, agás os luns, con entrada gratuíta.

Mentres tanto, continúan os traballos de reparación da bomba de auga da zona termal do Tinteiro, que foi manipulada e danada ata en dúas ocasións nos últimos cinco días. Xa o pasado venres, a bomba foi danada e reparada. No día de onte, tras sufrir novos danos, foi desmontada de novo e está a ser soldada para volver entrar en servizo.

26 de xuño de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.