As bandas de música municipal e do tercio norte ofrecen un concerto homenaxe a Jorge Juan y Santacilia nos xardíns de Herrera en Ferrol
O Concello de Ferrol e a Armada España organiza maña o concerto homenaxe a Jorge Juan y Santacilia dentro dos actos conmemorativos do terceiro centenario do nacemento do enxeñeiro naval que se realizarán ao longo do ano. O recital dará comezo ás 20:00 horas nos Xardíns de Herrera e será de acceso libre ata completar o aforo dispoñible.
No concerto de homenaxe a Jorge Juan intervirán a Banda de Música do Tercio Norte de Infantería de Mariá e a Banda Municipal do Concello de Ferrol. A parte final do concerto, as dúas bandas tocarán xuntas un pasaxe de “Aida” de Verdi, e o Guillermo Tell de Rossini.











